miércoles, 25 de enero de 2017

O NOSO LIMOEIRO

NA NOSA ESCOLA DE VERDUCEDO TEMOS UN LIMOEIRO MOI BO.

ESTÁ MALIÑO, DIN QUE TEN O “MAL DOS CÍTRICOS”, PERO AÍNDA ASÍ,  DEU UNHA MOREA DE AMARELOS LIMÓNS QUE CHEIRAN DE MARAVILLA…

LEVO UN LIMÓN A CASA PARA QUE A MIÑA FAMILIA TAMÉN O PROBE, PORQUE É UN LIMÓN QUE EU RECOLLÍN,  ESPECIAL E MÁXICO.

COS MEUS COMPAÑEIROS IMOS COCIÑAR UNHAS MAGDALENAS MOI RICAS .


O NOSO ALBERGUE DE XOANIÑAS



ESTE É JOSE RODRÍGUEZ. VIVE EN VINCIOS.

JOSÉ RODRÍGUEZ É MOI AMIGO DO NOSO COLE. 

 A JOSE GÚSTALLE MOITO A NATUREZA, COMA NÓS.

TEN UNHA HORTA PRECIOSA QUE COIDA CON MOITO ESMERO, COMA NÓS. 

JOSE, COMA NOS, TAMÉN ESTÁ A FACER O SEU HOTEL DE BECHOS, E NON SO ISO, TAMÉN ALBERGUES MOI CHULOS PARA  BECHIÑOS ESPECIAIS COMO AS MARIPOSAS E AS XOANIÑAS. 

É COMO XA DIXEMOS QUE ERA MOI AMIGO NOSO, POIS... FÍXONOS UN PRECIOSO REGALO:

UN  ALBERGUE DE XOANIÑAS 
PARA O NOSO XARDÍN ! 
MOITAS GRAZAS JOSE,  

AS XOANIÑAS DE VEDUCEDO ESTARÁN MOI CÓMODAS !


O MERLIÑO QUE SE ESNAFROU CONTRA A VENTÁ

A semana pasada cando  estabamos a traballar, de súpeto escoitamos un son seco na nosa aula.

Deseguido miramos para a ventá, e vimos un paxaro que caiu ao chan despois de esnafrarse contra ela. 
POBRIÑO !!!
Saímos pra fora, aparvado e moi asustado rodeado de plumiñas, estaba no chan  un pequeno merliño sen poder voar. pode ser que non estivera moi atento, cando os seus pais lle explicaron que debía ter ollo cos cristais das casas...

Así que o collemos con moito coidadiño e o gardamos nunha caixa para que estivera quentiño e tranquilo .

E como fai un tempo, veu o noso cole  Félix, un simpático garda civil de Seprona (servizo de protección da natureza), lembramos o que había que facer si atopábamos un animal ferido, e eso é o que fixemos: chamamos o número 062  para que viñeran a recoller ao noso merliño.

En pouco tempo, xa estaban en verducedo e puxémonos moi contentos porque ían  axudar o pobre paxariño…

            
Pero, en canto o garda civil de seprona abriu a caixa para coller o merlo, éste saiu voando maravillosamente ata unha árbore cercana,  deunos unha boa sorpresa!

 Xa estaba recuperado!

Agora seguro que o merliño será sempre o noso amigo e  non esquecerá  que as ventás son moi perigosas.
 Lembraremos chamar o 062 sempre que vexamos algún dano na natureza.
        062