martes, 21 de marzo de 2017

PLANTAMOS DOUS CARBALLOS

Coa axuda da Comunidade de Montes de Moaña e o avó de Nora Pérez plantamos dous novos carballos na nosa escola.

No vídeo damos moitas razóns para plantar árbores.

Encántanos coidar da natureza.



Sin título - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

POÑEMOS EN MARCHA A NOSA VERMICOMPOSTERA

Agustín voltou ó noso cole para axudarnos a poñer en marcha a nosa vermicompostera. 
Agora temos que deixar os vermes traballar e darlles de comer cada dúas semanas.

Sin título - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

lunes, 13 de marzo de 2017

AS NOSAS SEMENTES DE CABAZA

Fixemos un experimento:
Tentamos xerminar unhas sementes das nosas cabazas do Samaín.
Pero.....os experimentos non sempre saen ben, mirade o que lle aconteceu as nosas sementes de cabaza.

cabaza - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

O SALTAMONTES DE HUGO

Hugo e o seu avó atoparon un saltamontes enorme. Coa axuda da súa nai, metéronno nunha garrafa e buscaron información sobre as súas características. Trouxéronno ó cole e todos puidemos observalo. 
No recreo soltámolo no xardín.

saltamontes - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

martes, 7 de marzo de 2017

PRÓXIMA INAUGURACIÓN DA NOVA HORTA

Inauguramos a nosa nova hortaaaaaaaaaaaaaaaa!!!!!!

Estades todos e todas convidad@s!
O xoves 23 de marzo será o día elexido.

Tamén abriremos:


  • O noso Restaurante de Bolboretas
  • O Albergue de Xoaniñas
  • A Vermicompostera

E poñeremos comedeiros e casiñas para os paxaros.
Vide a nosa escolaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!!!!



inauguración horta - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

viernes, 3 de marzo de 2017

APRENDEMOS A SEPARAR O LIXO

O outro día tivemos unha visita moi importante!
Viu Agustín, responsable de reciclaxe do concello.

Ensinounos a separar plásticos, papel e orgánico, cada un no seu contenedor. 


Moitas grazas, Agustín.


PLANTAMOS EMPREGANDO PALÉS

Como a nosa horta está en obras, ocurríusenos plantar empregando palés e envases de plástico valeiros. 

AS NOSAS MAGDALENAS DE LIMÓN

COS LIMÓNS DO NOSO LIMOEIRO FIXEMOS UNHA RIQUÍSIMA RECEITA DE MAGDALENAS PARA COMPARTIR ENTRE TOD@S.

PROBAMOS FROITOS DE OUTONO

PARA ACHEGARNOS Ó NOSO ENTORNO, UNHA MAÑA FOMOS Ó MERCADO A MERCAR FROITOS DE OUTONO. Á VOLTA FIXEMOS UNHA MERENDA PARA PROBALOS E DESCUBRILOS A TRAVÉS DOS SENTIDOS.