martes, 30 de noviembre de 2021

A BRIGADA CARACOL

Esta semana puxemos en marcha a BRIGADA CARACOL. Sabedes en que consiste? Por quendas, na hora do patio, un equipo encargase de atopar caracois na nosa horta e levalos, con moito cariño, os nosos composteiros. A misión é conseguir que non se coman os repolos e as plantas de fabas que están crecer na horta. O curso pasado foron os culpables de non ter colleita de inverno. 


Bo traballo nenos e nenas! Este ano seguro que imos ter colleita. 


miércoles, 3 de noviembre de 2021

PLANTANDO NA NOSA HORTA

Hoxe todo o alumnado da escola participou na, xa tradicional, plantación de inverno. Esta vez, plantamos dous tipos de produtos, propios desta época do ano: fabas e repolos. Ocupamos cada bancal cun deles, empregando 59 repolos e máis de 200 fabas!




  


Estamos desexando que crezan para facer a colleita!

                   


miércoles, 20 de octubre de 2021

SAÍDA POLA CONTORNA

                                    

Onte, os nenos e nenas de 4 anos ffixemos unha pequena excursión polos arredores do cole. Que sorte ter un entorno tan bonito é poder disfrutalo! Cando chegamos ó cole o primeiro que preguntaron foi: cando volvemos? 




Encantounos comprobar que polos arredores da nosa escola non hai plásticos nin papeis polo chan. Vivan os veciños de Berducedo!

martes, 19 de octubre de 2021

XOGANDO CON CAIXAS

A semana pasada todos os nenos e nenas do cole fixemos unha actividade chulísima. XOGAMOS CON CAIXAS DE CARTÓN! Unha gran experiencia que deixou voar a nosa imaxinación moi alto. 



                                 
Divertímonos como nunca e ademáis aproveitamos as caixas que xa non servían, aprendemos o valor de reutilizar. 
Os mellores xoguetes do mundo son os máis sinxelos, non si? 



miércoles, 26 de mayo de 2021

A NOSA CHARCA

 

A creación dunha charca no patio foi un proxecto que xurdiu o curso pasado pero por motivos alleos a nós non puidemos levalo a cabo. Este ano puxemos mans a obra e por fin podemos dicir que xa podemos disfrutar da nosa charca! Un novo espazo para observar insectos, de conversa e disfrute da natureza. 

Cando comezou o curso estaba así...

Pouco a pouco foi tomando forma. 





DISFRUTANDO DO NOVO ESPAZO.








TEMOS CÁGADOS NO COLE!

 

Dende fai un tempo temos cagádos no noso. Chegaron cando eran moi pequrrechiños pero agora moitos deles xa teñen as patas traseiras. Encántanos coidalos e observar como medran! Cando crezan un pouco máis os botaremos á charca. 

Así eran cando chegaron.


AQUÍ VIVEN


Os alimentamos con lombrices que collemos no patio e comida para peixes. Tamén probamos a botarlle cenorias e verduras cocidas. 




MIRADE QUE BONITO!











viernes, 21 de mayo de 2021

TRAMPA PARA VELUTINAS

Xa temos unha trampa para atrapar velutinas, non queremos especies invasoras na nosa contorna!

Para facer a trampa empregamos os seguintes ingredientes:
  • 400 ml de zume de arándanos.
  • 7 g de levadura prensada (1/4 dunha pastilla)
  • 150 g de azúcar. 

PREPARAMOS A TRAMPA 






A trampa está colgada no camelio do patio, colocamos un embudo no medio para evitar que entren bolboretas.  




Foron 8 as velutinas que cairon na trampa en 15 días.



miércoles, 12 de mayo de 2021

ETIQUETAS INCLUSIVAS

 

A semana pasada colocamos etiquetas con pictogramas pola horta e noutros lugares do patio (nomes das plantas que temos na horta, no recanto dos amorodos, hotel de bechos, restaurante de bolboretas, composteiro…). A finalidade é que todo o alumnado saiba indentificar o que temos no patio de cole, empregando unha linguaxe inclusiva. 







BO TRABALLO EQUIPO!

viernes, 7 de mayo de 2021

A PIZARRA DO PATIO E O RESTAURANTE DE BOLBORETAS

Dende hai unhas semanas temos no patio do cole unha gran pizarra de madeira e metacrilato na que disfrutamos, ó aire libre, debuxando e coloreando, dando vida a nosa creatividade. Ademais, anexada ten unha caixiña que decicimos convertela nun restaurante para bolboretas. Atraídas polas súas vistosas flores acudirán a alimentarse, axudando así o medio ambiente a manter o seu ciclo vital. 

LUGAR DE ENCONTRO COS COMPIS



EXPRESAMOS PINTANDO



RESTAURANTE DE BOLBORETAS



martes, 23 de marzo de 2021

PLANTACIÓN PRIMAVERA

 Coa chegada da primavera fixemos a nosa tradicional plantación, propia desta época do ano. Esta vez plantamos: tomates, pementos, calabacín e berenxenas. 

Antes de plantar o que fixemos foi peneirar o compost que xa tiñamos preparado. Ben sabemos que é un compoñente moi importante para axudar a que as hortalizas crezan moi fortes. O compost o obtivemos no cole, dos restos orgánicos que nos sobran das merendas. 


                       PENEIRANDO                    


PLANTANDO TOMATE

Estamos impacientes, desexando que chegue a colleita!






AMORODOS PARA TOD@S

 Chegou o tempo dos amorodos e no noso cole non quixemos pasar a oportunidade. Cada nen@ plantou nun tarriño una plantiña de amorodo. As coidaremos con moito agarimo para que pronto saían ricos froitos.

                                                               CLASE 5 ANOS   

         


CLASE 4 ANOS


CLASE DE 3 ANOS



Os máis pequen@s do cole foron os encargados de plantar os amorodos do patio. Pronto os poderemos degustar. 










lunes, 22 de marzo de 2021

REFORESTANDO O MONTE

 


O pasado xoves 18 de marzo a clase de 5 anos fomos plantar árbores coa Xunta de Montes de Moaña. Despois dunha boa camiñata atravesando o monte chegamos ó seu local, onde nos recibiron cunha gran sorpresa... Un tractor enorme!


Explicáronnos que son os viveiro de árbores e como  funciona. As "mamás" árbores están nuns buracos moi grandes e delas sacan os seus "fillos" para plantar polo monte.




E puxémonos mans á obra. Plantamos: un arce, bidueiro, faia, serbalo, cereixeira e un madroño. 


Despois de tanto traballar merendamos no monte, un poco de xogo libre e volta para ó cole.


Aquí estivemos nós. Una gran recordo para non esquecernos do máis importante... COIDAR OS NOSOS MONTES. 
SOMOS UN GRAN EQUIPO!