miércoles, 26 de mayo de 2021

A NOSA CHARCA

 

A creación dunha charca no patio foi un proxecto que xurdiu o curso pasado pero por motivos alleos a nós non puidemos levalo a cabo. Este ano puxemos mans a obra e por fin podemos dicir que xa podemos disfrutar da nosa charca! Un novo espazo para observar insectos, de conversa e disfrute da natureza. 

Cando comezou o curso estaba así...

Pouco a pouco foi tomando forma. 





DISFRUTANDO DO NOVO ESPAZO.








TEMOS CÁGADOS NO COLE!

 

Dende fai un tempo temos cagádos no noso. Chegaron cando eran moi pequrrechiños pero agora moitos deles xa teñen as patas traseiras. Encántanos coidalos e observar como medran! Cando crezan un pouco máis os botaremos á charca. 

Así eran cando chegaron.


AQUÍ VIVEN


Os alimentamos con lombrices que collemos no patio e comida para peixes. Tamén probamos a botarlle cenorias e verduras cocidas. 




MIRADE QUE BONITO!











viernes, 21 de mayo de 2021

TRAMPA PARA VELUTINAS

Xa temos unha trampa para atrapar velutinas, non queremos especies invasoras na nosa contorna!

Para facer a trampa empregamos os seguintes ingredientes:
  • 400 ml de zume de arándanos.
  • 7 g de levadura prensada (1/4 dunha pastilla)
  • 150 g de azúcar. 

PREPARAMOS A TRAMPA 






A trampa está colgada no camelio do patio, colocamos un embudo no medio para evitar que entren bolboretas.  




Foron 8 as velutinas que cairon na trampa en 15 días.



miércoles, 12 de mayo de 2021

ETIQUETAS INCLUSIVAS

 

A semana pasada colocamos etiquetas con pictogramas pola horta e noutros lugares do patio (nomes das plantas que temos na horta, no recanto dos amorodos, hotel de bechos, restaurante de bolboretas, composteiro…). A finalidade é que todo o alumnado saiba indentificar o que temos no patio de cole, empregando unha linguaxe inclusiva. 







BO TRABALLO EQUIPO!

viernes, 7 de mayo de 2021

A PIZARRA DO PATIO E O RESTAURANTE DE BOLBORETAS

Dende hai unhas semanas temos no patio do cole unha gran pizarra de madeira e metacrilato na que disfrutamos, ó aire libre, debuxando e coloreando, dando vida a nosa creatividade. Ademais, anexada ten unha caixiña que decicimos convertela nun restaurante para bolboretas. Atraídas polas súas vistosas flores acudirán a alimentarse, axudando así o medio ambiente a manter o seu ciclo vital. 

LUGAR DE ENCONTRO COS COMPIS



EXPRESAMOS PINTANDO



RESTAURANTE DE BOLBORETAS