martes, 23 de marzo de 2021

PLANTACIÓN PRIMAVERA

 Coa chegada da primavera fixemos a nosa tradicional plantación, propia desta época do ano. Esta vez plantamos: tomates, pementos, calabacín e berenxenas. 

Antes de plantar o que fixemos foi peneirar o compost que xa tiñamos preparado. Ben sabemos que é un compoñente moi importante para axudar a que as hortalizas crezan moi fortes. O compost o obtivemos no cole, dos restos orgánicos que nos sobran das merendas. 


                       PENEIRANDO                    


PLANTANDO TOMATE

Estamos impacientes, desexando que chegue a colleita!






AMORODOS PARA TOD@S

 Chegou o tempo dos amorodos e no noso cole non quixemos pasar a oportunidade. Cada nen@ plantou nun tarriño una plantiña de amorodo. As coidaremos con moito agarimo para que pronto saían ricos froitos.

                                                               CLASE 5 ANOS   

         


CLASE 4 ANOS


CLASE DE 3 ANOS



Os máis pequen@s do cole foron os encargados de plantar os amorodos do patio. Pronto os poderemos degustar. 










lunes, 22 de marzo de 2021

REFORESTANDO O MONTE

 


O pasado xoves 18 de marzo a clase de 5 anos fomos plantar árbores coa Xunta de Montes de Moaña. Despois dunha boa camiñata atravesando o monte chegamos ó seu local, onde nos recibiron cunha gran sorpresa... Un tractor enorme!


Explicáronnos que son os viveiro de árbores e como  funciona. As "mamás" árbores están nuns buracos moi grandes e delas sacan os seus "fillos" para plantar polo monte.




E puxémonos mans á obra. Plantamos: un arce, bidueiro, faia, serbalo, cereixeira e un madroño. 


Despois de tanto traballar merendamos no monte, un poco de xogo libre e volta para ó cole.


Aquí estivemos nós. Una gran recordo para non esquecernos do máis importante... COIDAR OS NOSOS MONTES. 
SOMOS UN GRAN EQUIPO!





lunes, 15 de marzo de 2021