jueves, 17 de febrero de 2022

TRAMPA PARA VELUTINAS

Xa temos a primeira trampa para atrapar velutinas deste novo curso! A atopades na foto? 

Esta vez acordámonos de dúas cosiñas fundamentais; colocala nun camelio no mes de febreiro e poñer un embude para evitar que as bolboretas entren e morran afogadas na mestura que preparamos. 

LIMPANDO A NOSA HORTA

Os nenos e nenas da nosa escola ben sabemos que os coidados da horta son fundamentais para que crezan con moita forza os produtos que temos plantados. Por iso, puxémonos mans á obra e retiramos todas as malas herbas que saíron durante varios meses e retiramos todas as follas secas. 

Así luce a nosa horta sen malas herbas e sen follas.