martes, 30 de noviembre de 2021

A BRIGADA CARACOL

Esta semana puxemos en marcha a BRIGADA CARACOL. Sabedes en que consiste? Por quendas, na hora do patio, un equipo encargase de atopar caracois na nosa horta e levalos, con moito cariño, os nosos composteiros. A misión é conseguir que non se coman os repolos e as plantas de fabas que están crecer na horta. O curso pasado foron os culpables de non ter colleita de inverno. 


Bo traballo nenos e nenas! Este ano seguro que imos ter colleita. 


miércoles, 3 de noviembre de 2021

PLANTANDO NA NOSA HORTA

Hoxe todo o alumnado da escola participou na, xa tradicional, plantación de inverno. Esta vez, plantamos dous tipos de produtos, propios desta época do ano: fabas e repolos. Ocupamos cada bancal cun deles, empregando 59 repolos e máis de 200 fabas!




  


Estamos desexando que crezan para facer a colleita!